O rocódromo de Lugo acolleu o campionato de España de escalada

LugoXa
O rocódromo do Pazo de Feiras e Congresos acolleu o campeonato de España individual e seleccións autonómicas de escalada en idade escolar.
campionato espana rocodromo lugo
27 Xul 2021

O rocódromo do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolleu esta pasada fin de semana (do 23 ao 25 de xullo) o campeonato de España individual e por seleccións autonómicas de escalada en idade escolar; tres días cheos de deporte que recolleron a terceira edición do campeonato de seleccións automómicas, un evento único de escalada de competición para os escaladores máis novos.

A competición contou coa asistencia de dez seleccións autonómicas, entre as que están: País Vasco, Andalucía, Castela A Mancha, Castela e León, Canarias, Comunidade Valenciana, Asturias, Extremadura, Madrid e Galicia; cun total entre todas elas de 118 participantes. Unha altísima participación con ata 4 federacións cumplindo o cupo máximo de participantes por federación.

O xoves 22 foi o día no que se realizou a recepción oficial aos seleccionadores e representantes das diferentes federacións autonómicas. O venres, xa comezaron as competicións cunha xornada destinada ás clasificatorias combinadas, mentres que o sábado comezaron as primeiras finais femininas tanto de cadetes como de infantís.

Hai tres formatos de competición: competición de dificultade, de velocidade e en bloque.

Na categoría infantil, pasaron o corte da clasificatoria combinada: Nora García, Inés Allende, Maddi Agirre, Noa Persson, Kanae Maria Fraile e Maite Vila. Nora García, foi a máis rápida no muro de velocidade, Maddi Aguirre impúxose na proba de bloque mentres que Kanae Maria Fraile fíxose co ouro na de dificultade.

Por outro lado, na categoría masculina os seis mozos en pasar o corte da clasificatoria combinada foron: Lucas Pérez, Eric Segura, Santiago López, Yago Real, Daoiz Martin e Andrés Vila. Así pois, foi Lucas Pérez o encargado de conseguir o ouro tanto na categoría de dificultade como na velocidade. No caso da proba de bloque, Santiago López, do equipo madrileño, foi o campión.

Así mesmo, na competición de cadetes feminino as 6 participantes que se enfrontaron á combinada foron: Aida Miguel, Amaya Do Pozo, Andrea Rodríguez, Intza Elizalde, Garazi Uriarte e Natalia Vale. Desta vez, a madrileña Aida Miguel conseguiu un dobrete ao alcanzar o primeiro posto en velocidade e en dificultade. No caso da proba de bloque, impúxose a extremeña Andrea Rodríguez.

Na categoría cadete masculina, os seis clasificados foron: Victor Moraleda, Xavier Carballo, Ignacio Sánchez, Xián Peláez, Héctor López e Manuel Pastor. Tanto en dificultade coma en bloque, o ouro foi para o galego Xavier Carballo, mentras que en velocidade o campión foi Victor Moraleda, de Madrid.

Rematou desta maneira a terceira edición do campeonato de España individual e por seleccións autonómicas de escalada en idade escolar, celebrado no rocódromo do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, un espazo relativamente novo que conta cunhas boas instalacións.

campionato escalada rocodromo lugo
0.19203686714172