O rugby chega ao cárcere de Monterroso da man do Muralla
O rugby chega á cárcere da man do Muralla, o Centro Xuvenil Don Bosco, Asociación Aliad Ultreia e Tuxeleires nun marco de colaboración a favor da mellora de persoas presas do centro penitenciario de Monterroso.
A raíz do uso do deporte como motor de mellora das persoas estableceuse un acordo entre Aliad e Don Bosco para acercar o rugby ao centro, dentro deste plan, contouse co Muralla Rugby Clube debido á súa presenza na comunidade lucense e aportación social na contorna, contando co seu total respaldo e participación na organización e execución das actividades.
Foi unha experiencia moi enriquecedora na que se puido desfrutar do rugby nun entorno diferente no que o deporte é un pilar fundamental da mellora das persoas reclusas. O encontro estivo marcado polas boas sensacións dos deportistas e adestradores que participaron nunha experiencia para a lembranza.