O San Cristovo, de Monterroso, terá lugar esta fin de semana
O Concello de Monterroso publicou a programación para as súas festas do San Cristovo, que terá lugar esta fin de semana, 9 e 10 de xullo.
A música centrará gran parte do programa festivo dando comezo o día 9 de xullo ás 16.00 horas con inchables e animación infantil. Máis tarde será a quenda da charanga Os Chafalleiros, e ás 23.00 horas Machito DJ actuará na praza Antonio Losada Rojo.
O día 10 de xullo as festas darán comezo ás 11.00 horas cun pasacalles a cargo do grupo Falcatrueiros seguidos da Charanga Os Jalácticos. Ás 12.30 horas será o momento da misa solemne e a bendición ademáis do desfile de coches ao que acompañará unha actuación dos Falcatrueiros.
A sesión vermú arrancará ás 13.30 horas a cargo de Os Jalácticos na Área Recreativa da Peneda. A partir das 17.00 horas haberá animación e actuacións para os máis cativos a cargo de Paco Nogueiras e Pepe Piña, e despois repetirán Os Jalácticos e a charanga Ardores.