O San Froilán celebra hoxe o seu último día

LugoXa
O San Froilán celebra hoxe 12 de outubro o seu último día de festas ainda que as barracas permanecerán ata mañá
San Froilan recinto
12 Oct 2022

As festas do San Froilán celebran hoxe o seu último día aínda que mañá continuarán as barracas con precios reducidos. Este 12 de outubro volve un ano máis A Feira Medieval que celebra a súa inauguración ás 11.00 e contará durante todo o día con actuacións musicais, desfiles xogos e moito máis ata ás 22.00.

A Feira de antigüidades e coleccionismo volverá a estar dende ás 11.00 na rúa da Raíña. Continúa un día mais a VI Cultura e tradición no Camiño da man de Traxandaina que no día de hoxe contará con demostracións de talla de pedra, talla de madeira dende ás 12.00 ata ás 20.00 no Vello Cárcere.

Ás 12.30 haberá un encontro de bandas entre a Banda Filharmónica de Lugo e a Banda Municipal de Chantada na praza de Santa María. Tamén haberá un encontro de romanceiros medievais, cegos e lazarillos procedentes de toda Galicia ás 13.00 na rúa San Pedro, praza Maior e Campo Castelo entre outro lugares.

O día estará cheo de pasacalles, ás 13.00 o grupo Estoupacaldeiros estará pola rúa Quiroga Ballesteros, praza da Soidade, Tinería ou praza do Campo. Tamén dende ás 13.00 o grupo A volta do agro fará o seu percorrido por Recatelo, Puro Cora ou o recinto feiral.

Xa pola tarde serán os grupos Pelexo de ghaita ás 18.30 que estarán na rúa San Marcos, Bolaño Ribadeneira ou a rúa Nova e repite A volta do agro ás 19.30 polo recinto histórico e a zona de viños.

Para os máis pequenos a programación tamén conta con numerosas actividades. Ás 11.30 o espectáculo itinerante Cacos de Campi Qui Pugio sairán dende a carpa do San Froilán Miúdo para percorrer o centro por Bispo Aguirre, praza Maior ou Campo Castelo.

O Mago Antón estará durante todo o día na praza do Castiñeiro e conta con dous pases pola mañá, ás 12.00 e ás 13.00 e con catro pases pola tarde un cada hora dende ás 18.00 ata ás 21.00. Este ano, como novidade, ás 18.30 celébrase o I Festival de cultura tradicional do San Froilán Miúdo na propia carpa do San Froilán Miúdo.

Tamén estará o espectáculo teatral itinerante Zeppelin para público familiar a cargo de La Baldufa Teatre ás 17.00 que sae dende a carpa do San Froilán Miúdo ou o espectáculo teatral e de monólogos San Froilán Sorri, o recuncho da comedia ás 20.00 na praza da Mosqueira.

Os concertos da noite darán comezo ás 20.00 con Infrarroja que actúan como teloneiros de Joan Miquel Oliver que estará tocando ás 21.00 na praza de Santa María.

O grupo Treixadura actuará ás 22.00 na Horta do Seminario e conta co grupo Ningures que actuarán como teloneiros ás 21.00.

San Froilan miudo
0.12676000595093