O San Froilán confirma un terceiro concerto para a súa nova edición

LugoXa
O grupo únese a Fillas de Cassandra e La Perra Blanco, que son as primeiras confirmacións deste ano
San Froilan
17 Ago 2024

O San Froilán 2024 conta cun novo concerto confirmado, que se une a Fillas de Cassandra e La Perra Blanco, que son as primeiras confirmacións deste ano. A banda madrileña Club del Río terá o seu oco o vindeiro luns 7 de outubro ás 21.00 horas na praza de Santa María, continuando "cunha proposta de concertos de artistas coñecidos e emerxentes con diversos estilos e xéneros musicais para que todas as persoas de Lugo e as que se acheguen poidan desfrutar de actividades do seu gusto", segundo explicou Maite Ferreiro.

Club del río son Esteban de Bergia (voz e guitarra) Álvaro Ayuso (voz, teclas e guitarra) Juan Serra (Voz, batería e percusións), Adriano Pezzi (guitarra), Joshua Taylor (baixo) e Juan Feo (percusión e batería), seis amigos da infancia que comparten paixón pola música e a vida manexando unha gran variedade de instrumentos e alzando unha voz poderosa de expresión incontrolable. Debutaron con Monzón (El Volcán Música, 2014), un traballo producido por Juan de Dios Martín onde contaron coa colaboración de Xoel López, El Canijo de Jerez ou Soleá Morente.

Con Monzón demostraron que na escena do estado español de cando en vez xorden propostas verdadeiramente diferentes. E que ademáis pódese contar de igual xeito coa aprobación da crítica e público apostando, no caso de Club del Río, por un universo de armonías vocais, de guitarras acústicas e de ritmos onde resonan os ecos da grande canción latinoamericana ou do folk anglosaxón. En Un sol dentro (El Volcán Música, 2016) refrendaron esa fórmula tan persoal e orixinal que os define coma un grupo singular na escena musical do estado con once cancións de fraternidade, luminosidade e vitalismo froito da convivencia de seis amigos na súa particular Bauhaus madrileña, a Casa-Club, unha solución habitacional pero tamén un experimento social e colaborativo que finalmente marcou a deriva dos eu segundo traballo discográfico.

Nesta ocasión, para asinar o seu seu segundo ataque masivo de emoción e sentimento, invitaron a músicos da talla de Tomasito, Víctor Iniesta, Manuel Machado ou Leo El Cigueño. Un batido vitaminado con sorpresa de músicas infinitas, o resultado de múltiples influenzas que atravesan o mundo, unha mezcla de guitarras, ritmos optimistas e vitalismo; «un método de defensa contra unha sociedade agresiva facendo bandeira da unión e a amizade». Eses son Club del Río.

Club del río presentará en Lugo nesta ocasión o seu novo álbum “Todo alrededor” publicado no 2024. Celebrando á par os seus 10 anos de vida, o conxunto madrileño acompañará a presentación coas cancións que marcaron a súa carreira para festexar así todos estes años de dichas e penurias. Logo do seu penúltimo traballo Lejos contigo (2021) que afondaba nas complexidades das relacións humanas cun son interno e reflexivo, o novo álbum eleva o temperamento e expón con vitalismo unha necesidade de prosperar.

0.15113091468811