Ampla variedade de estilos musicais para o San Froilán
A concelleira de cultura, Maite Ferreiro, e o tenente alcalde, Rubén Arroxo, presentaron aos grupos de Lugo que, segundo indicou, "serán protagonistas nesta edición da gran festa do outono galego". Ferreiro indicou que tocarán "nos grandes escenarios e tamén noutros emprazamentos, como nos distintos pasarrúas a organizar durante a semana. Maite Ferreiro destacou a "variedade de estilos para que estas sexan as festas de todas e todos os lucenses". A edil de Cultura presentou tamén os concertos de Manel e Xisco Feijóo, que terán lugar o martes 12 na Horta do Seminario e o día 5 en Santa María.
Manel chega a Lugo desde Barcelona cos seus temas que mesturan o pop coa música tradicional catalá. Destacan polo seu atractivo directo e as súas cancións sinxelas con letras moi traballadas. Desde o ano 2007 publicaron 5 discos, cos que gañaron distintos premios.
Xisco Feijoo ten experiencia como cantante, bailador, coreógrafo e presentador de televisión. É mestre da ETRAD de Vigo e coordinador da sección de canto da Orquestra Folk SonDeSeu. Chega ao San Froilán despois de lanzar o seu propio disco, PEIXE, froito dun incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de 30 anos e colaborando en máis de 20 discos e espectáculos de artistas de proxección internacional.
Concertos
Praza de Santa María ás 13.00 H
- Día 5 Mr Hataway
- Día 9 Man de Santo
- Día 12 Lagarto Zulú
Praza de Santa María ás 20.00 H
- Día 5 Nebra
- Día 6 Abya Yala
- Día 7 Haenselus
- Día 8 Los Zorros
- Día 9 Big Mind
- Día 11 Galyrion
- Día 12 Filophobicas
Praza Horta do Seminario ás 13.00 H
- Día 5 Holy Damn
- Día 9 Patuk Band
- Día 10 Rachel and The Blue Batons
- Día 12 Banda Bestial
Praza Horta do Seminario ás 21.00 H
- Día 4 Infrarroja
- Día 5 Conducto Coloquio
- Día 8 The Corporation
- Día 10 Trinitá
- Día 11 Proyecto Valley
- Día 12 Milesios