O San Froilán En-foco reuniu a distintos fotógrafos locais
LugoXa
O Goberno galego acaba de adxudicar case 28.910 metros cadrados de solo empresarial no Concello de Lugo e no de Cervo
7 Oct 2021
O tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro e a concelleira de Participación, Cristina López, participaron na nova edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán, organizada pola AELG en colaboración coa área de Cultura que levou por nome O San Froilán En-foco. Memoria das festas tras o visor dunha cámara fotográfica.
Este ano a actividade consistiu nunha proxección de imaxes comentadas por distintos fotógrafos locais de recoñecida experiencia como son Bego Pérez, Eduardo Ochoa, Adra Pallón, Pepe Álvez, Óscar Cela, César Quijada e Aída Soengas.
O acto foi presentado por Lois Pérez e Antonio Reigosa e contou coa ambientación musical de Luís Monsalve.