O San Froilán enche Lugo de deporte e música cunha ampla programación

LugoXa
A exhibición Saltar na Rúa e as competicións locais marcan unha fin de semana con máis de vinte actividades culturais e deportivas
Saltar-na-Rúa-Club-Atletismo-Lugo
11 Oct 2025

O Tenente Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, visitou unha nova edición do Saltar na Rúa, a exhibición de saltos impulsada polo Clube de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, que repite este ano coa organización dunha milla popular arredor da praza Horta do Seminario.

Arroxo destacou que esta proposta “xa está consolidada como a principal actividade deportiva do San Froilán” e lembrou que o programa festivo inclúe “preto de vinte actividades deportivas abertas a toda a veciñanza”.

O calendario deportivo destas datas abrangue tamén a participación dos equipos lucenses en competicións estatais, cos encontros do Río Breogán, o Durán Maquinaria Ensino, o ADC Lugo Sala e o Arenal Emevé, ademais de torneos como o V Torneo de Voleibol San Froilán, promovido polo club Xabaríns Volei Lugo, e citas de billar, dardos, petanca e tenis.

A programación do último sábado das festas ofrecerá máis de vinte propostas organizadas pola área de Cultura, entre música, animación infantil, pasarrúas e espectáculos de maxia que dinamizarán diferentes espazos da cidade ao longo da xornada. Pola noite, os concertos de El Consorcio, Queralt Lahoz e De Ninghures poñerán o broche musical ao 11 de outubro.

PROGRAMACIÓN DO SAN FROILÁN

⚙ Configurar cookies
0.083653926849365