As festas do San Froilán contaron cun gasto de 1,1 millóns de euros
Na xuntanza da comisión de festas deuse conta do custo das festas do San Froilán 2022 que nesta edición ascendeu a un total de 1.157.603,19 euros. Estes gastros foron sufragados principalmente coas aportacións de patrocinadores, os ingresos derivados dos barraquistas, as casetas de polbo e os caldeiros que sumaron un total de 579.540,35 euros e as arcas municipais aportaron os 578.062,84 euros restantes.
As festas tiveron máis de 200 actividades das cales máis de 100 foron musicais, participaron máis de 50 grupos lucenses e estiveron repartidas en 4 escenarios principais cos seus correspondentes equipos de son e luces. Para Maite Ferreiro " este San Froilán foi a edición máis social e máis completa para todos os gustos". O gasto máis importante destas festas foi "a insfraestrutura electrica que abasteceu ao recinto feiral, as vivendas dos barraquistas, o alumeado ornamental e os escenarios das festas" segundo informou a concelleira de cultura na xuntaza da comisión de festas.
Na edición deste ano hubo de punto lila, onde especialistas en materia de igualdade traballarán en informar, concienciar e dar pautas para evitar situacións de acoso e violencia machista, e proporcionaronn apoio, refuxio e asesoramento necesarios. Ademais, por primeira vez contouse cun servizo demochilas vibratorias para persoas con discapacidade auditiva nos concertos da praza Horta do Seminario. Esto uniuse aos debidos espazos reservados nos concertos para persoas con mobilidade reducida e aos cascos para nenas e nenos autistas que os precisaron. Segundo Ferreiro o programa "foi completo e para todos os gustos" e "temos que seguir facendo delas un atractivo para o turismo e seguir converténdoas nas grandes festas do outono galego".
Dende o Grupo Municipal Popular instan ao equipo de goberno a "poñerse a traballar para que a seguinte corporación que realizará o programa do San Froilán 2023 poida contar con algunha actuación importante aproveitando que as axendas dos artistas aínda non se pecharon" e tamén declaran que "as patronais contaron con numerosos visitantes no recinto feiral gracias ao bo tempo que houbo en outubro e as gañas da xente de disfrutar das celebracións tras varios anos con restriccións pola pandemia pese a un programa descafeinado".