O SD Monterroso celebrou o seu 50 aniversario cun homenaxe a todos os que apoiaron o club

LugoXa
Desde a directiva tamén se avogou por seguir introducindo o fútbol feminino dentro da estrutura do club
celebracion-sd-monterroso
Un momento da celebración
30 Xuño 2024

O SD Monterroso celebrou  o seu medio século de vida cunha xornada chea de actividades.

O primeiro dos actos tivo lugar pola mañá no Espazo Cultural Lorenzo Varela, no que a directiva do Club reuniu a adestradores, xogadores, patrocinadores e colaboradores para agradecerlles o seu apoio.

A xornada, que levou por lema, Unión, traballo e respecto, pretende homenaxear a todas aquelas persoas que axudaron a medrar ao club ao longo destes 50 anos e tamén trazas novas metas e novos proxectos de cara o futuro, baseados sempre na formación en valores desde as idades máis temperás.

Desde a directiva tamén se avogou por seguir introducindo o fútbol feminino dentro da estrutura do club.

Pola súa banda o alcalde, Eloy Pérez, trasladoulles o apoio do Goberno local e comprometeuse a seguir mellorando as instalacións. Agradeceulles que defendan tan ben o escudo do club e que sexa a unión o que os mova na súa afección polo deporte.

Foi un acto moi emotivo no que tamén participaron históricos do club, os seus impulsores nas orixes e membros máis novos que reivindicaron un futuro moi prometedor.

De seguido inaugurouse na planta baixa do Espazo Cultural Lorenzo Varela unha mostra na que se fai un percorrido pola historia do club a través de diverso material, como fotografías, vestiario e trofeos conqueridos. Pódese visitar durante os próximos 15 días.

A xornada segue coa sesión vermú e un xantar popular no Cerdeiriños ao que se prevé a asistencia de preto de 150 persoas.

0.098995208740234