O sector do metal convoca unha asamblea ante a falta de acordo coa patronal

LugoXa
O sector do metal convoca unha asamblea esta tarde no edificio sindical ante a falta de acordo coa patronal nas negociacións
Convenio Metal Lugo
28 Mar 2023

O sector do metal, a través dos sindicatos CCOO, CIG e UGT, convocan unha asamblea esta tarde ás 19.30 no edificio sindical. Segundo informan desde os sindicatos "levamos intentando sacar adiante o novo convenio dende o 20 de xaneiro de 2022, que se constituíu a comisión negociadora, celebrándose 12 xuntanzas dende esa data ata o 28 de febreiro sen resultados".

Dende o sector denuncian unha "falta de sensibilidade da patronal coas súas plantillas, negándolles a percibir atrasos durante a vixencia do convenio" e demais denuncian tamén que "non aceptar que se aplique a cláusula de revisión salarial ano a ano con efectos retroactivos, suporía outra perda inmensa de salarios cada ano de vixencia do convenio".

Os sindicatos informan que "o conseguido nestes 14 meses de negociación, soamente a regulación do texto do convenio e algunha migalla en canto a dietas, póliza de convenio e plus dispoñibilidade e sen asumir ningunha outra reivindicación que levamos a mesa de negociación pola parte social como, plus de traballo a quendas, complemento de IT por a base de cotización, permisos para acompañamento de fillos menores e familiares convivintes, melloras salariais para non perder a maiores poder adquisitivo con respecto a outras provincias limítrofes".

CCOO, CIG e UGT convoca unha asamblea para "defender todo isto e denunciar a falta de respeto da patronal cos seus traballadores/as ante unha situación de incrementos de prezos que non permiten a clase traballadora vivir dignamente" e engaden que "de seguir así plantexaremos ir a folga no sector do metal ata acadar o que e xusto".

0.21639204025269