O sector do transporte de mercadorías de Lugo, unido ante o paro de decembro

LugoXa
Las asociaciones de transporte de mercancías de Lugo muestran su conformidad ante el paro del sector los días 20, 21 y 22 de diciembre.
transporte mercadoria camion
1 Dec 2021

As tres asociacións empresariais que representan aos transportistas da provincia de Lugo, manifestan o seu total acordo e unidade ante a convocatoria de paro no sector os días 20, 21 e 22 de decembro.

A Asociación de Transporte de Mercancías por Carretera de Lugo (TRADIME Lugo), a Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Lugo (APETAMCOR Lugo) e a Asociación Empresarial de Transportes Río Miño en Lugo (AETRAM Lugo), que representan á totalidade das empresas e autónomos do sector de transporte de mercancías por estrada que operan dende a provincia de Lugo, secundarán por unanimidade o paro recentemente convocado.

Sinalan que, independentemente das posicións de cada colectivo e diferencias nalgúns plantexamentos, sempre “van da man” no que o xusto e de inmediata necesidade para os seus asociados, e “neste caso todos defendemos o mesmo: que a situación para os transportistas é agora insostible e o Goberno debe aportar solucións inmediatas para garantir a viabilidade das nosas empresas e o mantemento da actividade e o emprego”.

Nesta liña, recordan que entre algunhas das demandas que fai xa tempo manifestan os transportistas e nas que os tres colectivos coinciden encóntranse evitar novas taxas nas infraestruturas; a modificación da lei de contrato do transporte derogando a posibilidade de pacto en contrario; a loita contra a competencia desleal e o establecemento dun réxime sancionados para aquelas empresas que incumpran a prohibición legal de traballar por debaixo do custe mínimo de transporte; harmonización fiscal; racionalización nas políticas de transición ecolóxica; a elaboración e desenvolvemento de plans de áreas de descanso en toda a rede viaria, con certificación de área segura, entre outras.

Subliñan ademais que tanto as autoridades competentes como a sociedade debe “conferir ao noso traballo o valor que realmente ten” e que a iniciativa do paro é tamén “unha forma de facernos ver”.

0.19416999816895