O sector primario organiza unha tractorada este martes en Lugo
Unións Agrarias convoca tractoradas e manifestacións en toda Galicia durante a xornada deste martes. As organizacións agrogandeiras galegas convocan concentracións “Polo futuro do sector produtor” de forma simúltanea en dez localizacións da xeografía galega. No caso de Lugo está previsto que se concentren sobre as 12.45 horas diante da Subdelegación do Goberno, na rúa Armanyá.
Estiman que se manteñan ata as 17.00 horas da tarde. Estas protestas chegan despois das eleccións autonómicas galegas do 18F, xa que as organizacións agrarias explicaron que posponían as concentración ata que pasaran os comicios. Porén certos grupos gandeiros como Agromuralla desmarcaranse desta postura e protagonizaron unhas pequenas tractoradas o pasado 6 de febreiro.