O sector turístico e hostaleiro analizan en Palas de Rei o desenvolvemento do turismo

LugoXa
O Xeodestino Comarca de Lugo- Terras da Ulla reuniuse este xoves para tratar o desenvolvemento do turismo.
palas de rei
20 Oct 2023

O Xeodestino Comarca de Lugo- Terras da Ulla reuniuse este xoves para tratar o desenvolvemento do turismo. Distintos profesionais do sector turístico e hostaleiro xuntáronse no Centro Comarcal nunha xornada de sensibilización.

O desenvolvemento do turismo como motor económico da comarca foi o obxecto da xornada. Na reunión abordaronse diferentes temas que tiñan como eixo vertebrador o sector turístico e os seus efectos no desenvolvemento económico.

Galicia conta na actualidade con 20 destinos turísticos. Palas de Rei forma parte do Xeodestino Comarca de Lugo- terras da Ullo. Neste senso, na xornada tamén deu a coñecer a importancia dos xeodestinos, os seus obxectivos, as finalidades do Sicted como marca de calidade para un xeodestino ou o itinerario de consumo do turista, entre outros aspectos, que se trataron na mesma.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1886100769043