O Sergas aumenta aforos e reunións de non conviventes

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
hostalería terrazas
27 May 2021

O comité clínico que asesora ao Sergas na xestión da pandemia ampliou os máximos permitidos de reunións de non conviventes, de maneira que poderán reunirse ata dez persoas en exteriores (actualmente o límite estaba en seis). En interiores tamén se abre a man, e en lugar de catro poderán congregarse ata seis persoas.

Mantense a norma que impide aos non conviventes estar reunidos en domicilios entre as 1.00 horas e as 6.00 horas.

Así mesmo increméntase os aforos do 50 ao 75% en comercios e centros comerciais, ademais de en actividades e reunións profesionais, actividades académicas ou de congresos, sempre respectando as medidas de seguridade e a distancia física dun metro e medio, con carácter xeral para toda Galicia, salvo nos municipios que están en nivel alto ou máximo de restricións.

En canto ás residencias, amplíanse as saídas nos concellos que se atopan en nivel medio, de maneira que os usuarios poderán abandonar as instalacións todos os días, por un tempo máximo de catro horas.

Todas estas medidas entrarán en vigor novamente na medianoite do sábado ao domingo, ao igual que o cambio de restricións por concellos que quedará tamén a partir do sábado do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Cervo, Xove, Vilalba e Monforte.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.067745923995972