O servizo de auga quedará cortado nas rúas Mazaira, na das Pías e na do Ciruelo

LugoXa
O Concello de Lugo informa de que este xoves, 1 de febreiro, procederá a cortar durante a mañá o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga na rúa Mazaira, marxe esquerda da rúa Juana La Loca dende a Rúa Ciruelo ata a Rúa Flor de Lirio, na rúa das Pías e na rúa Ciruelo.
31 Jan 2024

A brigada de augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada. O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.

Ademais, debido a unha avaría, o servizo tamén permanecerá cortado durante na parte esquerda da rúa Nicomedes Pastor Díaz e rúa Lopo Lías. Para poder realizar as tarefas de reparación haberá que realizar cortes puntuais de tráfico por parte da Policía Local e que afectarán á intersección entre a rúa Miguel de Cervantes e a rúa Nicomedes Pastor Díaz, que é a zona na que se localizou a avaría.

Mentes se manteña a auga cortada, a veciñanza dispón dun punto de recollida de auga diante do número 14 da Rúa Nicomedes Pastor Díaz. A brigada de augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20948910713196