O servizo de Bombeiros completo por primeira vez

LugoXa
A toma de posesión de dous bombeiros interinos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Lugo suma novos efectivos cos que “cumpro co obxectivo que fixei para este mandato de cubrir o 100% do cadro de persoal incluído na Relación de Postos de Traballo do Concello (RPT), por primeira vez na historia” declara a alcaldesa.
14 Xan 2023

Estas incorporacións, lembrou a rexedora, “proceden do desenvolvemento das ofertas públicas de emprego iniciadas no mandato anterior e que nos permitiu agora acadar este fito tan importante para a cidade e que redundará nunha maior protección da cidadanía”.

Acompañada da tenente de alcaldesa e concelleira de Recursos Humanos, Paula Alvarellos, e do xefe de Bombeiros, Miguel López, Lara Méndez deu a benvida aos dous bombeiros e os felicitou polo esforzo desenvolvido nas probas de acceso nun proceso de oposición libre, “moi duras, polo que temos a seguranza de que temos aos profesionais mellor preparados e capacitados para salvagardar a seguridade da nosa veciñanza”. ”O de bombeiros é un servizo imprescindible e temos que ter asegurada que ante calquera incidencia haberá unha resposta rápida e profesional”, aseverou a alcaldesa.

Os reforzos comezaron no mandato pasado, e durante este mandato, ademais do incremento no cadro de persoal, se foi dotando de máis medios de traballo e de recursos para modernizar este servizo tan querido polos cidadáns, como son melloras nas instalacións, máis vehículos, ferramentas informáticas para optimizar a xestión e unha formación permanente.

0.19127297401428