O sétimo arte volve este mes a Lugo
A Semana de Cine, dedicada aos irmáns Coira, terá lugar do 18 ao 23 de setembro con centos de proxeccións e seis películas a concurso.
Un ano máis Lugo volverá centrarse no sétimo arte coa celebración da Semana de Cine de Lugo, entre o 18 e o 23 de setembro, que ten un aniversario importante, xa que chega á súa 45 edición, preto xa do medio século de historia.
Este ano faise unha importante retrospectiva á historia do cine xa que o propio cartel é unha foto de agosto de 1914, da rodaxe en Lugo do cineasta José Gil, desde un automóbil que circulaba polo adarve.
É a Semana de Cine unha actividade organizada polo Grupo Fonmiñá en colaboración coa Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e UNED Lugo e sempre un referente para os cineastas galegos. Conxuga coma sempre o mellor do ano cunha sección oficial a concurso, ademais dos documentais e un gran apartado dedicado ás curtametraxes. Ademais, este ano haberá un oco de novo para o cine en galego e para a produción no país veciño de Portugal, sen esquecer a sección infantil.
A retrospectiva nesta ocasión está dedicada aos irmáns Coira, que triunfan esta tempada coa súa serie Rapa e que recibiron o seu recoñecemento na cita dos Mestre Mateo.
A selección das películas desta retrospectiva dos irmáns rabadenses pretende recoller fundamentalmente obras fóra dos circuítos máis comerciais. Documentais (Eloxio da distancia, A Seara, Beiras, vivir 2 veces) e ficcións pouco convencionais como 18 comidas ou Eroski Paraíso. Completa a selección a última película estreada en cinemas dirixida por Jorge e protagonizada polo tamén lucense Luís Tosar (Código Emperador). Esta retrospectiva terá lugar no salón de actos da Xunta de Galicia, ás 18.00 e ás 20.00 horas.
Noutra orde de cosas, o auditorio será o encargado de acoller tres categorías. A primeira a infantil, ás 18.00 horas, con presenza de películas importantes, unha delas a que nos fala dun Principito que cumpre 80 anos.
Ás 20.30 horas terá lugar o mellor do ano, onde comezarán as proxeccións con La ballena, sen deixar atrás outros títulos de importancia como Close ou Aftersun.
Pola noite será a sección oficial, a partir das 22.00 horas, primeiro coas curtas e logo coas longametraxes.
A Deputación será a encargada de acoller a sección documental, ás 18.00 horas; e a de homenaxes, ás 20.00.
O Vello Cárcere tamén contará con proxeccións, nesta ocasións serán as curtas, a partir das 17.00 horas, e o cine en galego, ás 19.00. Así mesmo, haberá varias proxeccións, ás 18.00 e ás 20.00 horas de películas realizadas en Portugal.
SECCIÓN OFICIAL
Películas
- The quiet girl
- El caftán azul
- El acontecimiento
- Empieza el baile
- Hasta que el amor nos separe
- Cuando la alondra canta
Curtametraxes
- Tectónica de placas
- Tap tap
- 7 dosis de dopamina
- Robots
- Solidarity day
- Calxophobia
As películas que se verán nesta semana de cine
Infantil
- En busca del mapa perdido
- El Principito
- El secreto de Vicky
- Hooper, el pollo liebre
- Una amistad para siempre
- Oink oink
O mellor do ano
- La ballena
- Un segundo
- Close
- Aftersun
- Eo
Cine documental
- Chichi e mais eu
- La memoria del Cine
- Mia Moglie
- No se oye
- Orilla
- Xeosónica
- Nos acompañamos
- Bienvenido a ma maison
- Chomón el incoherente
- Estragos del lienzo
- Elexia de atacama
Homenaxes
- Raúl
- Amor sin barreras
- Invictus
- La vida entre dos noches
- Papá
- Cardoña.fotos a 7 pesetas
- Delicioso
- El amigo americano
- Celavella na Habana
Portugal
- Vello Cárcere
- Já nada sei
- Vidas na fronteira
- Jose Luis Espinosa, o espía
- O amor é auga que corre
- A raia
- Auga nas guelras
- Amoreiras
- A muñeca de Kafka
- Anticlímax
- El mono
- Diáspora
- A costa dos lançados
Retrospectiva Irmáns Coira
- Eloxio da distancia
- 18 comidas
- A seara eroski paraíso
- Beiras. Vivir 2 veces
- Código emperador