O Shihan arrasa no XLVI Trofeo Princesa de Asturias con 5 metais
Catro deportistas da Escuela Deportiva Shihan citáronse en Oviedo para participar no XLVI Trofeo Princesa de Asturias, unha cita na que se reuniron máis de 500 participantes duns 22 clubs de distintos puntos da xeografía española. Finalmente, as representantes do club lucense lograron 5 metais, 2 ouros, 1 prata e 2 bronces. Iria acadou un primeiro posto en Kata Infantil tras gañar os 5 encontros con solvencia e ademais tamén se levou unha prata en Kumite Infantil -40 kg tras perder por un axustado 1-0 na final.
Uxía sumou un ouro en Kata Xuvenil tras vencer 5-0 os 5 encontros e un terceiro posto en Kumite Juvenil +45 kg. Pola súa parte, Ángela tamén levou un bronce en Kata Infantil tras perder unicamente coa ubcampiona. Marta perdeu o bronce 3-2. Deste xeito, amosan o seu gran nivel con estas 4 grandes deportistas e comezan a tempada cunha boa toma de contacto paras as vindeiras citas.