O Shihan suma 19 medallas en Ferrol

LugoXa
A última cita da entidade foi o Campionato Galego Cadete Junior e Sub21, que se celebrou no pavillón da Malata
escuela-shihan-campionato-ferrol
16 Out 2024

A Escuela Deportiva Shihan volve amosar o alto nivel do club e dos seus deportistas. A última cita da entidade foi o Campionato Galego Cadete Junior e Sub21, que se celebrou no pavillón da Malata en Ferrol, e onde se reuniron preto de 200 deportistas de 31 clubes de toda a comunidade. Os lucenses fixerónse finalmente con 19 medallas, 7 ouros, 6 pratas e 6 bronces.

En primeira posición quedaron Noa Ulloa en Kumite Cadete -54 kg, David Enriquez en Kumite Cadete -52 kg, Xiana Ulloa en Kata Junior, Samu Fontenlos en Kumite Junior -61 kg, Jandro Osorio en Kumite Junior +76 kg, Juan Viade en Kata Sub21 e Dani Osorio en Kumite Sub21 -84 kg. Pola súa parte, as pratas foron para Pedro Buide en Kata Cadete, Pedro Buide en Kumite Cadete -52 kg, Xiana Ulloa en Kumite Junior -53 kg, Antonio Iglesias en Kumite Junior -76 kg, Roque Mazoy en Kumite Sub21 -67 kg e Juan Viade en Kumite Sub21 -84 kg. Tamén se fixeron cun bronce David Enriquez en Kata Cadete, Raúl López en Kumite Cadete -52 kg, Ari Palacio en Kumite Cadete -61 kg, Yoel Dong en Kumite Cadete -63 kg, Jairo Corral en Kata Junior e Dani López en Kata Sub21.

0.11811995506287