O Shihan suma 43 metais na 4º Xornada da Liga Galega de Karate, en Ribadavia
A Escola Deportiva Shihan de Lugo volve demostrar o seu bo nivel na 4º Xornada da Liga Galega de Karate, que tivo lugar en Ribadavia. O polideportivo Municipal O Consello foi testemuño de como os lucenses regresaban con 43 metais. Os deportistas fixéronse con 13 ouros, 10 pratas e 20 bronces. Deste xeito, Carla Rodríguez, Cristian Tarrio, Ángela Buide, Iria Enríquez, Zoe Otero, Uxía Folgueira, Mateo Aldeanueva, Lucía Villar, Raúl López, María López, Elena Viñas e Noa Ulloa lograron o primeiro posto nas súas respectivas categorías. Pola súa parte, acadaron unha prata Erika García, Saúl Pereira, Aroa Castro, Jacobo Miragalla, Iria Enriquez, Ángela Buide, Xandre Novoa, Toti Pérez, Pedro Buide e Ari Palacio.
O terceiro posto foi para Anie Pardo, Martina Arias, Vega Coto, Aleis Armas, Sebas Pardo, Lucas Aulkemeier, Carmen Cendan, Lucas Aulkemeier, Lía López, Mateo Aldeanueva, Adri Liz, Toti Pérez, Naiara Pérez, Leo Aulkemeier, David Enríquez, Elena Viñas, Noa Ulloa, Mateo Aldeanueva, Marcia Cendán e Nayla Pin. Estes metais súmase ás boas actuacións da escola noutras competicións como foi no Campionato Galego Infantil de Karate no que se proclama mellor club galego e no que se fixeron con 29 medallas.