O Sindicato Labrego Galego esixe medidas concretas para as granxas afectadas pola EHE

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Tratáronse as consecuencias da EHE nas granxas galegas, a crise de sobreprodución na Ribeira Sacra ou os baixos prezos no sector cárnico, leiteiro e da horta
reunión-sindicato-labrego-galego-conselleira-medio-rural
13 Ago 2024

O Sindicato Labrego Galego esixe medidas concretas para as granxas afectadas pola EHE e para os distintos sectores na xuntanza coa conselleira do Medio Rural María José Gómez Rodríguez, unha reunión solicitada no mes de abril. Entre os temas a abordar, tratáronse as consecuencias da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) nas granxas galegas, a crise de sobreprodución na Ribeira Sacra ou os baixos prezos no sector cárnico, leiteiro e da horta.

Dende o ano pasado alertan do aumento da incidencia da EHE nas granxas galegas. A día de hoxe as perdas para o conxunto das explotacións gandeiras do noso país pode chegar a superar os 20 millóns de euros. Para facer fronte a esta situación solicitan a cobertura total dos gastos veterinarios, así como do lucro cesante tanto polos animais mortos como polos que superan a enfermidade.

“Percibimos en temas fundamentais como a EHE que a día de hoxe seguimos sen ter solucións - advirte Isabel Vilalba-. O argumento da Consellaría é que o Ministerio ten que facer unha adxudicación do importe que corresponde en Galicia, e que inda que o anunciou en xuño vaise facer en novembro. O preocupante é que, de ser así, hoxe a Consellaría botou balóns fóra e argumentou que probablemente á Xunta non lle daría tempo de facer a Orde da convocatoria e a xustificación da mesma”.

Dende o Sindicato consideran que tanto a Administración estatal como a galega “teñen a responsabilidade de pór medidas de apoio ao sector xa, inmediatamente, e tamén de coordinarse para activar decontado mecanismos para financiar os gastos veterinarios, que poden chegar aos 400 euros por animal, así como de actualizar as indemnizacións por morte do gando para cubrir as perdas reais”. Tamén están moi preocupadas pola situación na que están os viticultores da DO Ribeira Sacra.

“A Consellaría afirmou que ían anunciar unha serie de medidas, pero non concretou nada. O que si que nos dixeron foi que as adegas non deron unha resposta positiva á proposta da destilación de crise. Polo tanto sobre este tema saímos ca preocupación de non poder dicir ao sector que existan medidas concretas que garantan prezos e recollidas”, lamenta a secretaria Xeral do SLG. Dende o Sindicato Labrego insisten en que é necesario crear unha mesa de traballo entre todas as partes da Denominación de Orixe (DO), poñer enriba da mesa todas as opcións que podemos ter e ver cales poden ser mellores ou cales se poden realizar na Ribeira Sacra ou se se precisan todas.

Prezos no sector cárnico

Tamén realizaron propostas máis concretas, que van dende a propia destilación de crise até a limitación de plantacións, unha campaña de promoción específica, estudo de custos de produción e un mapa que permita coñecer con certeza os límites desta DO. No tocante á baixada de prezos no sector cárnico e leiteiro, en reiteradas ocasións denunciaron esta situación e apelaron a facer respectar a Lei da Cadea Alimentaria. Ademais nestas últimas semanas “os abusos das industrias lácteas chegaron ao punto de ameazar con deixar de recoller o leite. Ao igual que ca EHE ou a crise de excedentes na Ribeira Sacra, tampouco con respecto a este tema semella que haxa resultados concretos.

A Consellaría reiterou na xuntanza que estaba mantendo unha interlocución cas industrias. Agardan que nun sector tan importante para o noso país como é o leiteiro as industrias recúen con esta decisión. Ademais, tamén trasladaron que a situación de prezos é moi preocupante non só no sector leiteiro e cárnico, senón tamén noutros como o da horta, significativamente invisibilizado e ao non adoitan chegar os apoios económicos fronte ás perdas.

Observatorio da Cadea

A Consellaría afirmou que para abordar a cuestión dos prezos ía crear un observatorio da Cadea. Dende o Sindicato Labrego consideran que é urxente recuperar os prezos nos sectores, e inciden en que até o de agora o funcionamento da Lei da Cadea foi moi deficiente, polo que agardan que crear un observatorio vinculado á mesma non teña como resultado final simplemente constatar o seu mal funcionamento, senón tamén garantir medidas para que sexa respectada polos elos máis fortes da cadea, nomeadamente industria e grande distribución.

Na xuntanza estiveron, xunto coa conselleira, a secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a gandeira e produtora de faba de Lourenzá Isabel Vilalba; o apicultor e integrante da Executiva do SLG-CCLL Brais Álvarez e a gandeira e vicerresponsábel do sector leiteiro Ana González reuníronse

3.5632660388947