O supermercado Farruquiño inaugurou o seu primeiro punto de venda en Lugo

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa
A nova tenda ofrece produtos clásicos con prezos competitivos e destacou pola calidade de carnes, froitas e queixos
Farruquiño-Lugo
3 Dec 2025

O supermercado Farruquiño abriu o seu primeiro punto de venda en Lugo, no número 3 da Rúa Santiago.

A xerente, Sonia Romay, e o administrador, Rubén Yanes, con experiencia en tendas de Abadín, Cospeito, Sarria e Burela, traen á cidade un supermercado clásico, con produtos de sempre a prezos moi competitivos.

Entre os produtos máis destacados están as carnes, froitas e queixos pola súa calidade excepcional, así como o trato próximo ofrecido aos clientes.

A tenda permanece aberta de luns a sábado de 9:00 a 21:00 horas, e os domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas, permitindo que as veciñas e veciños poidan facer as súas compras durante os 365 días do ano.

⚙ Configurar cookies
0.079460859298706