O teatro afeccionado chega ao escenario Hipócrita este mércores

LugoXa
O Circuíto Galego de Teatro Amador que promove a Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) co apio da Secretaría Xeral de Cultura trae esta semana catro funcións de teatro ó Escenario Hipócrita.
os vecinos do lado   fauna 113 teatro hipocrita
31 Out 2023

O Circuíto Galego de Teatro Amador que promove a Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) co apio da Secretaría Xeral de Cultura trae esta semana catro funcións de teatro ó Escenario Hipócrita.

A primeira terá lugar mañá, mércores día 1, ás 19:30 horas. Trátase da peza Os veciños do lado de Fauna 113. O grupo amador vigués residente da sala Ártika poñerá en escena esta comedia para todos os públicos, na que una parella convencional se verá inmersa nun encontro disparatado, con dobres intencións e segredos inconfesables.

0.12433004379272