O Torneo de pádel San Froilán reunirá un cento de parellas en Lugo entre o 10 e o 19 de outubro

LugoXa
Organizado polo club Fouce Pádel en Terra Pádel, contará con categorías feminina, masculina e mixta, e actividades paralelas con apoio da Xunta de Galicia
Torneo-de-Pádel-San-Froilán-2025
8 Oct 2025

O Torneo de pádel San Froilán celebrarase entre o 10 e o 19 de outubro nas instalacións de Terra Pádel, no polígono do Ceao, en Lugo, e reunirá preto dun cento de parellas participantes.

A competición, organizada polo club Fouce Pádel, desenvolverase nas categorías feminina, masculina e mixta, e xa esperta gran interese entre os afeccionados ao deporte. As inscricións poden formalizarse en liña ata este xoves, día 9.

Ademais das probas deportivas, o evento incluirá sorteos, actividades de animación e unha zona gastronómica con food trucks, pensada tanto para os xogadores como para o público asistente, co obxectivo de crear un ambiente festivo arredor do pádel e das celebracións do San Froilán.

A cita conta co apoio da Xunta de Galicia, que colabora con esta primeira edición dentro da súa aposta por fomentar a práctica deportiva e o crecemento do pádel na provincia. Desde a organización subliñan a boa acollida da iniciativa e o seu desexo de consolidala como unha das propostas fixas do calendario deportivo lucense.

⚙ Configurar cookies
0.09821081161499