O Torneo Provincial de Xadrez de Lugo celebrarase os días 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de xaneiro
O Torneo Provincial de Xadrez de Lugo, organizado pola Federación Galega de Xadrez, celebrarase nas datas do 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de xaneiro de 2025. O evento terá lugar no Parque Infantil de Tráfico, parque de Frigsa, en colaboración co Club Escola Luguesa de Xadrez e o Concello de Lugo.
O torneo está aberto a distintas categorías, establecidas segundo o ano de nacemento dos participantes:
- Sub - 08 "Promesas": Nados nos anos 2017 e posteriores
- Sub - 10 "Benxamíns": Nados nos anos 2015 e 2016
- Sub - 12 "Alevíns": Nados nos anos 2013 e 2014
- Sub - 14 "Infantís": Nados nos anos 2011 e 2012
- Sub - 16 "Cadetes": Nados nos anos 2009 e 2010
- Sub - 18 "Xuvenís": Nados nos anos 2007 e 2008
- Absoluto: Nados nos anos 2006 e anteriores
Se nalgunha categoría non hai un mínimo de seis participantes, estas poderían agruparse segundo o artigo 59.2.1 do Regulamento de competicións da FEGAXA.
O sistema de xogo variará coas categorías, usando o sistema suízo a 5 roldas con diferentes tempos de finish. Empregarase o programa de emparellamento VEGA, sen admisión de reclamacións aos emparellamentos nin aos desempates calculados.
A organización poderá modificar o número de roldas acorde co número de inscritos, informando con 48 horas de antelación na web oficial.
As inscricións deberán realizarse a través dos clubs enviando un correo a escolaluguesaxadrez@gmail.com, indicando código FIDE, nome, apelidos, categoría e club, con distintas datas límite dependentes da categoría.
Os desempates seguirán o sistema de Buchholz -1, Buchholz total, enfrentamento directo e sorteo, seguindo a modalidade Baku 2023 da FIDE.
O director do torneo será Pablo Castro Girona, e o árbitro principal, AA Diego Flórez Rodríguez. O comité de apelación formaráse cos árbitros e xogadores elixidos por votación, priorizando aos árbitros con licencia en vigor na FEGAXA.
Os premios serán outorgados aos tres primeiros clasificados de cada categoría, e a clausura terá lugar ás 20.30 horas de cada día de competición.