O 'Truco ou Trato' de Lugo Monumental volve un ano máis ao casco histórico da cidade

LugoXa
Desta maneira, 88 locais repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar
Truco-ou-Trato-Lugo-Monumental
28 Out 2024

O 'Truco ou Trato' de Lugo Monumental volve un ano máis ao casco histórico da cidade e os 88 puntos de distribución de doces que se poderán consultar, coma é habitual, nun mapa interactivo de Google que a Asociación publicará en próximas datas.

Desta maneira, 88 locais repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén 2.500 bolsas decoradas ao xeito de cabazas.

Nesta ocasión, a Asociación optou por bolsas de papel, seguindo criterios de ecoloxía, e coa vantaxe de que están fabricadas en Lugo, na empresa VrioPack que está no Ceao. Deste xeito, non só se beneficia a firmas locais senón que se elimina unha gran cantidade de plásticos ao usar estas bolsas de papel. Cada local entregará uns poucos caramelos e a idea é que os nenos visiten o maior número posible.

Na web da Asociación están xa colgadas as instrucións de participación e o enlace a un plano de Google Maps coa situación dos establecementos participantes.

O Truco ou trato será o día 31, xoves, e os horarios serán os de cada establecemento. Os nenos non terán que ir disfrazados, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos dicindo 'Truco ou Trato', pero recomendan que se disfracen para que se divirtan máis.

0.20000720024109