O Unionistas frea a un Lugo Sala imbatible tras o empate

LugoXa
Os bos resultados que encadeara o equipo con 16 vitorias consecutivas víronse truncados co empate que o Unionistas Salamanca conseguiu en Lugo tras o 3-3 final.
lugo_sala_unionistas
5 Feb 2024

Os bos resultados que encadeara o equipo con 16 vitorias consecutivas víronse truncados co empate que o Unionistas Salamanca conseguiu en Lugo tras o 3-3 final. Os galegos, mellores durante o choque e ofrecendo máis no xogo, non tiveron o mellor dos días en ataque e ao final os salmantinos co seu poderío físico non os deixaron xogar cómodos e lograron empatar co porteiro-xogador na recta final.

Partido moi igualado e dun nivel moi físico do rival e que os árbitros permitiron durante o choque. Unha das claves do encontro foi esa, o nivel de permisividade e que Lugo Salga vendo como se puxo o partido, non soubo igualalo. A primeira parte transcorreu con clara cor local, sobre todo no inicio con nada máis empezar tres ou catro ocasiones moi pero que moi claras de gol, e que logo ao minuto 4 transformábase no 1-0 cun disparo de falta de Iago Rodríguez que pegaba nun defensa salmantino e bicaba a rede.

O partido transcorría cun Lugo Salga mellor, pero aos poucos o Unionistas ía comendo terreo conseguindo empatar o choque ao minuto 9 cunha tremenda poutada á escuadra que nada podía facer Yerai para detelo (1-1). O partido estaba aberto, non había claro dominador, e as ocasións manifestábanse nunha e outra portería. Un erro nunha perda local aproveitábaa o Unionistas Salamanca para a 11 segundos do descanso poñerse por diante no luminoso. Tras o paso por vestiarios a saída dos lucenses foi en tromba e Iago Rodríguez en dúas grandes accións poñíaa fóra do alcance de Víctor e obraba a remontada para Lugo Salga (3-2).

Menos ocasións no segundo tempo

Parecía que era o que lle faltaba ao equipo para atopar o camiño da vitoria e eses dous goles consecutivos parecía deixar tocados ao seu rival. Pero de novo o Lugo Salga caía no erro de non igualar o nivel físico e permitido polo rival, ademais de comezar a faltar fluidez en ataque. Os dous equipos colocáronse con cinco faltas moi pronto e curiosamente, algo realmente revisable, ningún equipo sumaría a sexta de aí ao final.

Os de Guillermo Martínez propoñían máis no seu xogo que o rival, pero aos visitantes saíalles ben o seu plan de partido. Álvaro que ocupou a meta lucense no segundo período a penas tivo traballo, pero tamén é certo que Lugo Salga non gozaba de claras ocasións como no primeiro período. O equipo víase cómodo coa mínima vantaxe, pero iso era unha arma de dobre fío.

E así foi, que a menos de tres minutos para o final e na primeira acción de porteiro-xogador do Unionistas, chegaba o 3-3. Ese gol fixo dano ao equipo, que ata o momento realizara unha boa defensa durante todo o choque. Cando os nosos sacaron o 5×4 para tentar levar o choque, non lograron xerar perigo. Repartición de puntos e pese ao empate o equipo segue cun pequeno colchón de puntos, seis sobre o Stellae que é segundo. Este próximo sábado 10 de febreiro desde as 20:00 horas o equipo visitará o Pavillón dos Remedios para enfrontarse ao Sala Ourense.

0.11562514305115