O Vello Cárcere acolle a exposición 'A Polbeira'

LugoXa
A exposición da Polbeira, que mostra o proceso creativo seguido polo escultor Honorio á hora de realizar a estatua ubicada na praza da Mosqueira foi inaugurada por Rubén Arroxo e Maite Ferreiro.
11 Jan 2023

A exposición da Polbeira, que mostra o proceso creativo seguido polo escultor Honorio á hora de realizar a estatua ubicada na praza da Mosqueira foi inaugurada por Rubén Arroxo e Maite Ferreiro. Á inauguracíón asistiron tamén o escultor Honorio e o pintor lucense Jorge Espiral.

O Vello Cárcere acollerá esta mostra ata o vindeiro 15 de febreiro e a exposición conta con 45 fotografías que mostran o proceso creativo seguido polo artista, ademais dos bocetos orixinais e as dúas maquetas utilizadas ao longo do proceso de elaboración da estatua. “Unha oportunidade única para coñecer o proceso artístico dunha escultura que representa un anaco da historia de Lugo”, afirmou Maite Ferreiro.

A estatua da Polbeira, ubicada na praza da Mosqueira, está realizada en bronce e ten unha altura de 190 cm. A Tenencia de Alcaldía rendeu homenaxe con esta estatua “a todas as polbeiras que en cada San Froilán realizaban a súa actividade nesta praza”.

0.069300174713135