O Vello Cárcere acolle a exposición de arte mineral da samanense María Quiroga

LugoXa | SarriaXa
A samoense María Quiroga ten exposta unha das súas obras na segunda planta do Vello Cárcere de Lugo ata o vindeiro 31 de outubro baixo o nome de 'Xogos xeométricos', unha mostra de 15 cuadros elaborados en arte mineral, técnica artística que aprendeu do artista samanense Antonio Bello López.
mariaquiroga_!
21 sep 2023

A exposición, que se poderá visitar gratuítamente polas mañás, de 11.00 a 14.00 horas e polas tardes dos domingos, luns, martes e mércores de 17.00 a 20.30 horas e os xoves, venres e sábado ata as 22.30 horas; fíxose no propio taller da artista en Samos.

Quiroga defende que, "ao mesmo tempo que descubrín o arte mineral, descubrín tamén a gran importancia da xeometría como unha lenguaxe universal presente en todas as artes, música, arquitectura... así como en todos os saberes, filosofía, alquimia, enxeñería; e en todas as culturas ao redor do mundo. A xeometría máis sinxela ou máis complexa está presente", sostén.

SC364e23090512380_page 0001
0.20988488197327