O Vello Cárcere acolle a exposición 'Humor para mudar o mundo. Que graza!' de Pepe Carreiro

LugoXa
A mostra, composta por 50 pezas, reflicte a forza creativa e satírica do autor e poderá visitarse ata o 31 de maio
exposición-debuxante-Pepe-Carreiro-Lugo
4 Apr 2025

O Vello Cárcere de Lugo abre as súa portas á exposición 'Humor para mudar o mundo. Que graza!', do debuxante galego Pepe Carreiro. A mostra, composta por 50 pezas, reflicte a forza creativa e satírica do autor e poderá visitarse ata o 31 de maio.

O título da exposición resume perfectamente o estilo de Carreiro: unha primeira frase seria e ambiciosa, seguida dun toque irónico, o que caracteriza a súa obra.

O artista, cunha traxectoria de máis de 40 anos, é considerado un mestre da síntese expresiva, tanto no debuxo como no texto. Ademais, está profundamente vinculado á tradición do humor gráfico galego iniciada por Castelao.

O acto de inauguración contou coa presenza do tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e da concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro. A edil de Cultura destacou que a mostra se desenvolve "nunha das instalacións culturais máis destacadas de Lugo" e animou a veciñanza a visitala.

"Trátase dunha oportunidade única para achegarse ao humor gráfico galego e á obra dun dos seus máximos expoñentes", subliñou Ferreiro.

⚙ Configurar cookies
0.17193293571472