O Vello Cárcere acolle a mostra fotográfica 'Eros-Tánatos'

LugoXa
O Vello Cárcere acolle ata o 31 de agosto a mostra Eros-Tánatos segundo anunciou a concelleira Cultura, Turismo,  Xuventude e Promoción Lingüística do Concello de Lugo, Maite Ferreiro.
Exposicion o vello carcere
8 Aug 2023

O Vello Cárcere acolle ata o 31 de agosto a mostra Eros-Tánatos segundo anunciou a concelleira Cultura, Turismo,  Xuventude e Promoción Lingüística do Concello de Lugo, Maite Ferreiro.

Esta mostra é unha compilación fotográfica da artista asturiana Sonia Rey que segundo a propia autora, ambos os instintos son parte da dualidade da vida e a existencia do ser humano, circunstancia que orixina un permanente estado de tensión, tanto no individuo como na sociedade no seu conxunto.

Maite Ferreiro indicou que se trata “dun proxecto que é tamén a consecuencia dunha transformación artística e persoal”, plasmada nunha serie de vinte fotografías elaboradas pola autora nas que, a través do branco e negro, fai presente a dualidade "Eros-Tánatos", é dicir, a vida e a morte, a paixón e a dor, todo “a través da sensibilidade e o sentimento”, explicou a edil de Cultura.

Sonia Rey é nada en Xixón en 1981. Fotógrafa primeiro de formación autodidacta e complementada despois a través da Universidade Popular da súa vila natal. Rey realizou varias exposicións tanto colectivas como individuais e neste caso xa se exhibiu na súa cidade, contando para iso coa colaboración do Ateneo Obreiro de Xixón.

Esta exposición fotográfica estará dispoñible na 2ª planta correspondente ás Celas de mulleres.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20375895500183