O Vello Cárcere acolle a mostra Inmersión ó Interior de Concetta Montenegro e Luísa Paz

LugoXa
La muestra Inmersión ó Interior de Concetta Montenegro e Luísa Paz se puede visitar en la primera planta de O Vello Cárcere de Lugo.
zoqueiros documental monte caxado
2 Abr 2022

O Vello Cárcere inaugurou unha nova exposición. A mostra Inmersión ó Interior, que recopila 34 obras de Concetta Montenegro e Luísa Paz, achégase ás celas de homes da primeira planta do Vello Cárcere. A mostra chega ao Vello Cárcere na semana na que se celebra o quinto aniversario da apertura do Centro Cultural, un dos centros culturais máis coñecidos de Lugo, tanto pola súa singularidade e historia como por terse convertido nos últimos anos nun dos espazos de referencia de Lugo para as mostras artísticas de calidade, tanto para artistas locais como para achegar a Lugo mostras con recoñecementos a nivel internacional.

A mostra consta de 34 obras realizadas en acrílico sobre lenzo, nas que se atopa un punto de converxencia entre ambas artistas: un amor profundo pola Terra, da que proceden as musas que nos sumerxen nun mundo de marabillas, persoal e único.

Luísa Paz e Concetta Montenegro definen a obra como “a procura da consecución de obxectivos similares camiñando en paralelo, cun proceso creador diferenciado”. A mostra Inmersión ó interior plasma “emocións que xorden do íntimo, plasmadas nun espazo real, o que conleva moitas horas de reflexión, con intres de dor, pracer sorrisos desencantos, acertos e erros”

0.095208883285522