O Vello Cárcere acolle a mostra Voces, da artista visual arxentina Alicia Benítez
A mostra consta dunha serie de imaxes cunha gran variedade de resolucións técnicas e poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 30 de xuño.
O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participaron na inauguración da exposición Voces, da artista visual arxentina Alicia Benítez. A mostra, comisariada pola artista multidisciplinar Luz Darriba, estará no Vello Cárcere ata o vindeiro día 30 de xuño.
A serie Voces é un dos conxuntos de obra nos que vemos máis claramente identificables as decisións implícitas na producción de Alicia Benítez. Unha serie de imaxes, que remiten ao movemento de persoas, cunha gran variedade de resolucións técnicas e que se instalan no espazo independiente do muro. Telas libres, como as súas personaxes. Telas que non permanecen inmóbiles, tal como eses corpos non quedan quietos-
Alicia Benítez (Buenos Aires, 1941)
Artista visual, docente e xestora de arte. O seu traballo circulou por espazos referenciales de cidades como Buenos Aires, Tucumán, Sao Paulo, Ciudad de México ou Nova York.
Conta con numerosas exhibicións, mencións e premios a nivel nacional e internacional. A súa produción artística constrúese desde o contacto directo co contexto, entrando en diálogo directo cos conflitos de cada momento. A traxectoria docente pode considerarse como unha fonte inesgotable de exploración con cada comunidade. Desde 1978, Alicia Benítez instálase no partido de Xeneral San Martín. Na devandita escena continúa construíndo redes de traballo entre traballadores da arte.