O Vello Cárcere acolle a presentación do poemario de Luz Campello
O Vello Cárcere acollerá mañá ás 20.00 a presentación do terceiro poemario de Luz Campello, a poeta de Labrada que pertence ao colectivo Nova Poesía Guitirica.
O acto está organizado pola NPG contará coa participación da autora e das poetas Marica Campo e Luz Atirado nun acto introducido pola concelleira de Cultura e vicepresidenta da Deputación Provincial Maite Ferreiro.
O poemario Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas está editado na colección Dombate da Editorial Galaxia sendo o terceiro de Luz Campello despois de Do corazón da terra e O inventario do prohibido.
Luz Campello, reaponsabel de Traballo Social no comexo hospitalário do CHUAC, é unha referencia polo seu compromisso feminista, que reflicte tamén na súa poesía, que foi musicada en diversas ocasións por cantautores como Sandra Tenreiro ou Sonia Levedinski.
Iniciouse na poesía a través de certames da AC Xermolos de Guitiriz, foi premiada no Certame Rosalía de Castro en Euskadi e tamén foi unha das fundadoras do colectivo Nova Poesía Guitirica.