O Vello Cárcere acolle en Lugo unha charla sobre a reclamación de gastos hipotecarios
A Unión de Consumidores de Galicia realizará unha charla informativa sobre a reclamación dos gastos hipotecarios en Lugo. Así o anunciou a concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, que afirmou que con esta iniciativa preténdese "achegar información de interese para centos de veciñas e veciños de Lugo, que están en disposición de reclamar os gastos relacionados coa formalización da súa hipoteca antes de que remate o prazo".
A charla terá lugar este martes 12 de marzo ás 20.00 horas no Vello Cárcere, e enmárcase no ciclo de actividades informativas que Unión de Consumidores de Galicia puxo en marcha este mes de febreiro para explicar ás persoas consumidoras que aínda non o fixeron como poden reclamar os gastos dos préstamos hipotecarios formalizados antes da entrada en vigor da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario.
O obxectivo é informar ás veciñas e veciños dos importes que poden reclamar, do prazo do que dispoñen así como da documentación e procedemento que deben seguir para levar a diante a súa reclamación. A actividade é completamente libre e non é precisa a inscrición previa.