O Vello Cárcere acolle o luns o II Encontro de Novas Voces

LugoXa
Ao abeiro de #EnRedando co Galego 2023, o luns 19 de xuño celebrarase no Centro Cultural do Vello Cárcere o II Encontro de Novas Voces,
EnRedando co Galego cartelaria PORTADA
18 Jun 2023

Ao abeiro de #EnRedando co Galego 2023, o luns 19 de xuño celebrarase no Centro Cultural do Vello Cárcere o II Encontro de Novas Voces, onde o alumnado premiado e varias autoras e autores adolescentes da provincia Terán oportunidade de coñecer a dúas destacadas autoras galegas da narrativa e a poesía, indagando na técnica da creación literaria. Ledicia Costas e Antía Otero compartirán a xornada do lunes 19 de xuño no Vello Cárcere de Lugo con case trinta rapazas e rapaces de Lugo e o resto da provincia.

De entre os máis de cincocentos traballos presentados á edición deste ano, chegan a este II Encontro de Novas Voces aquelas novas autoras e autores máis destacadas, quen poderán coñecer de primeira man o universo literario, as influencias e algunhas dinámicas de traballo que poden favorecer a creación literaria a través de dous obradoiros con Ledicia Costas e Antía Otero. A actividade está coordinada por Lois Pérez, en colaboración con profesorado dos centros participantes e do resto da provincia.

Pola mañá será a quenda de Ledicia Costas, Premio Follas Novas de Literatura Infantil pola súa obra O neno de lume, quen introducirá as participantes nalgunhas das claves que poden axudar á creación literaria. Pola tarde, Antía Otero, quen acaba de recibir o Premio Follas Novas de poesía polo seu poemario "Barroco", achegará os novos talentos ao seu universo poético e compartirá algunhas das súas experiencias como escritora.

O II Encontro de Novas Voces pretende promover un espazo de intercambio, coñecemento e diálogo entre as novas autoras e autores da provincia, poñéndoos en contacto con experiencias e actividades que poidan contribuír ao desenvolvemento da súa actividade literaria.

EnRedando co Galego cartelaria
0.16857695579529