O Vello Cárcere acolle obradoiros polo Día da Natureza

LugoXa
O recinto cultural acollerá actividades para nenos e maiores co gallo da celebración do Día Mundial da Natureza, mañá 3 de marzo
vello cárcere actividades día natureza
2 Mar 2021

O Vello Cárcere de Lugo pon en marcha unha serie de obradoiros con motivo da celebración, mañá 3 de marzo, do Día Mundial da Natureza.

Os máis pequenos poderán participar nos obradoiros 'O paxariño amarelo' que se levará a cabo en distintas xornadas. Así, mañá mércores, o obradoiro será ás 17.30 horas e irá dirixido a nenos e nenas de 3 a 5 anos. Para os nenos de 6 a 9 anos, habrá dúas quendas: unha o sábado 6 ás 17.30 horas, e outra o domingo 7 á mesma hora.

O recinto cultural acollerá tamén actividades para os adultos. É o caso do obradoiro 'Faladoiro A Vida Silvestre' que se desenvolverá o domingo, día 7, ás 19.30 horas.

Todos os obradoiros, tanto os infantís como o de adultos, tratarán sobre a biodiversidade. Para participar nalgún deles é preciso inscribirse no teléfono 982 297 195.

vello cárcere actividades día natureza2

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.22364401817322