O Vello Cárcere acolle unha nova exposición do artista local Manuel López Liz
LugoXa
O Tenente de Alcalde e a concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua visitaron a nova exposición do Vello Cárcere.
22 Nov 2021
O Tenente de Alcalde e a concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua visitaron a nova exposición do Vello Cárcere, que reúne pezas de madeira realizadas polo artista local Manuel López Liz.
Maite Ferreiro destacou a capacidade do Vello Cárcere e do resto de instalacións culturais de Lugo como “espazos para que as persoas que conforman o tecido cultural de Lugo poidan expoñer a súa obra a todas as veciñas e veciños”.
A exposición de Manuel López Liz consta dunha serie de pezas talladas en madeira de carballo e castiro, talladas e decoradas seguindoa técnica da pirografía.
A mostra poderá visitarse na primeira planta do Vello Cárcere ata o 10 de xaneiro de 2022.