O Vello Cárcere acollerá as xornadas 'A procura do pasado para amar o futuro: O rural e as institucións da memoria'

LugoXa
As xornadas, que contan co apoio da Área de Participación e Servizos para a Veciñanza, permitirán crear un foro de reflexión e de coñecemento da memoria rural
O-Vello-Cárcere-xornadas-O-rural-e-as-institucións-da-memoria
22 Nov 2024

A Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galiza (BAMAD Galicia) e a Fundación Olga Gallego de Investigación en Arquivos organizan as xornadas 'A procura do pasado para amar o futuro: O rural e as institucións da memoria' que se realizarán no Vello Cárcere os vindeiros días 29 e 30 de novembro.

As xornadas, que contan co apoio da Área de Participación e Servizos para a Veciñanza, permitirán crear un foro de reflexión e de coñecemento da memoria rural entendida como memoria individual, colectiva, social, histórica, cultural e compartida das persoas, do territorio, das perdas, dos achados, dos conflitos, dos encontros, das que marcharon e das que viñeron, que nace do pasado, que amarra o presente e que mira cara ao futuro.

Unha memoria onde os arquivos, as bibliotecas e os museos actúen como axentes que participen da comunidade para consolidar a memoria labrega que recupere vínculos e que restaure, cree e reimaxine proxectos que resignifiquen o rural.

As xornadas estrutúranse en tres centros de interese, cada un dos cales ocupará unha sesión. Así, a mañá do venres 29 xirará en torno a Outras Memorias, con respostas realizadas desde a sociedade civil con maior ou menor apoio institucional; a sesión de tarde centrarase nas Institucións da Memoria, co papel das entidades públicas; e a sesión do sábado 30 estará dedicada a Investigación e Participación, con proxectos desenvolvidos desde a academia, as institucións públicas e outras entidades da sociedade civil.

Nos dous días das xornadas, o Vello Cárcere acollerá a 16 ponentes representando a un total de 14 entidades, que tratarán a importancia de adaptar as técnicas propias e incorporar novos enfoques nas estruturas e nos procesos de traballo de arquivos, bibliotecas e museos, colaborando coas iniciativas que xorden da comunidade para conservar a memoria non vinculada ao poder, á propiedade ou a xerarquía. As xornadas buscan dar resposta ás necesidades de novas perspectivas de investigación e a novas demandas de información, construír un novo marco que encadre aos centros da memoria como institucións que conserven unha representación de nosa sociedade máis xusta e equitativa.

Programa das xornadas

29 de novembro

  • 10:15 Inauguración
  • 10:30 Brais Lamela. Conferencia inaugural
  • 11:15 Café
  • 11:45 Eugenio García-Rojo, representante de Museos Vivos
  • 12:15 Carmen Suárez do proxecto Falamos de San Sadurniño
  • 12:45 Nieves Neira, periodista e poeta presenta o Arquivo da fotógrafa Maruja Roca de Becerreá
  • 13:15 Representantes do festival Agrocuir da Ulloa
  • 13:45 Debate
  • 16:30 Roberto Soto, bibliotecario experto en Bibliotecas rurais
  • 17:05 Benito Burgos, Subdirector General de Cooperación Cultural con las Comunidades Autónomas, Ministerio de Cultura. Cidadanía e ruralidades, políticas para o desenvolvemento cultural no rural
  • 17:40 Jesús Rey Modia, arquiveiro municipal de Lugo: Os arquivos municipais como garantes de la memoria rural.
  • 18:15 Ana López Cuadrado Subdirectora General de los Archivos Estatales. Como achegar os arquivos ao mundo rural (políticas arquivísticas)
  • 18:50 Rosa Mary Lamas Casado, bibliotecaria do Museo de Rivadavia. Os museos na contorna rural, o Museo de Ribadavia.
  • 19:25 Debate

30 de novembro

  • 10:00 Ana Cabana, profesora de Historia da USC. Investigación sobre a memoria do rural
  • 10:35 Jeff Alberghi, representante do Ecomuseo e centro de investigación, La Ponte
  • 11:10 Ana María Méndez Infanzón , bibliotecaria da Biblioteca de Coaña (Asturias). A participación e as bibliotecas rurais.
  • 11:45 Café
  • 12:15 Representante da Fundación Uxío Novo Neyra. Arquivos no Courel (Lugo)
  • 12:50 Representante de Arxivers sense Fronteres, proxecto de recuperación e conservación do fondo do bispo Pere Casaldàliga e a súa implicación nas defensa da poboación indíxena do Brasil.
  • 13:25 Debate
  • 13:45 Clausura

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18837785720825