O Vello Cárcere acollerá nos vindeiros días tres charlas sobre nutrición
O Vello Cárcere acollerá esta semana tres charlas sobre nutrición. Os relatorios xirarán en torno a eidos diferentes, desta forma o martes 19 Natalia Sordo falará sobre a nutrición na infancia, o mércores 20, Estefanía Dans farao sobre nutrición vexetariana e, o martes 26, Nicolás Piedrafita intervirá sobre a nutrición na terceira idade.
Tódalas charlas serán no Vello Cárcere de Lugo a partir das 19.00 horas. A entrada é de balde ata ocupar todas as prazas.
Natalia Sordo é dietista-nutricionista, o seu obxectivo é ensinar a levar unha alimentación saudable xa que isto non supón renunciar a desfrutar da comida. Ela mesma admite que ata que non comezou a formarse a súa alimentación non era adecuada, de aí naceu a súa inquedanza pola nutrición infantil, colaborando a que os máis pequenos adquiran hábitos saudables e os manteñan a longo prazo.
Estefanía Dans é dietista-nutricionista, formouse en Madrid e, posteriormente, especializouse na alimentación vegana e vexetariana co fin de poder entender as motivacións dos seus pacientes e axudalos a conseguir os seus obxectivos.
Nicolás Piedrafita é graduado en Nutrición Humana e Dietética; estudou tamén o Máster en Saúde Pública pola Universidad De Santiago de Compostela e na actualidade está doctorando en Innovación en Seguridad e Tecnoloxías Alimentarias como investigador do proxecto NUTRIAGE.