O Vello Cárcere acollerá o 3 e 4 de novembro as XXVII Xornadas penitenciarias
Nesta edición, o evento afondará na xustiza restaurativa, que ten a súa orixe no movemento social alemán dos anos 70, e no seu valor reparador para as vítimas.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou esta mañá as XXXVII Xornadas penitenciarias organizadas pola asociación Concepción Arenal. O evento celebrarase no Vello Cárcere os días 3 e 4 de novembro. Nesta edición, as xornadas afondarán na xustiza restaurativa, que ten a súa orixe no movemento social alemán dos anos 70, e no seu valor reparador para as vítimas. A rexedora estivo acompañada pola presidenta do colectivo, Elvira Fernández e pola vicepresidenta do mesmo, Ana Traseira.
Durante a súa intervención, a rexedora destacou a importancia de que Lugo acolla eventos deste tipo e defendeu o seu valor como espazo para o dialogo. “É necesario avanzar na consecución de formulas que faciliten a reinserción dos penados é permitan así mesmo acadar a restauración do dano ás vitimas. Este traballo repercute nunha maior e mellor calidade na convivencia e contribúe a paz social”, afirmou Méndez.
Ademais dos coloquios dos profesionais sobre a xustiza restaurativa, realízase a entrega das Medallas Concepción Arenal, outorgadas as personalidades destacadas pola súa colaboración desinteresada coa asociación ou en beneficio da reinserción social. Como preámbulo aos simposios, dentro das actividades organizadas no marco destas xornadas, a organización inclúe o pase do filme Las dos cara de la Justicia que terá lugar de Lugo o venres día 3 a partir das 11 horas no colexio de Avogados.