O Vello Cárcere acollerá o sábado IV Festival de Poesía das Lupercais

LugoXa
O encontro organizado polo colectivo lucense mesturará palabra, paisaxe, comunidade e resistencia
festival-lugo-lupercais
27 Apr 2025

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Vello Cárcere acollerá o IV Festival de Poesía das Lupercais, "unha das iniciativas máis relevantes do panorama poético lucense na actualidade", afirmou. A actividade, que terá lugar o 3 de maio nas instalacións do Cárcere, reunirá en distintos horarios a 12 poetas, e nesta ocasión contará co peruano Gian Pierre Codarlupo, facendo un oco á poesía migrante.

O encontro organizado polo colectivo lucense mesturará palabra, paisaxe, comunidade e resistencia nunha instalación cultural relevante como o Vello Cárcere. A programación inclúe tamén a autoras e autores recoñecidos como Tere Larios, Marcelo Morales, Raquel Vázquez, Toño Núñez, Mª Ángeles Pérez López, Martín Pérez Rei ou Mónica Candeiro, entre outros.

Nieves Neira, Genaro da Silva, Xerardo Quintiá, Luís López Alonso, Antóm Fortes, Luís Valle ou Miguel Ángel Curiel, son algúns dos doce poetas que viven en Lugo nunha relación profundamente literaria, case bohemia, e que consolidaron a súa amizade arredor das Lupercais, un dos epicentros poéticos de Galiza.

⚙ Configurar cookies
0.17977094650269