O Vello Cárcere acolleu a presentación do libro 'Liberdade para o galego'

LugoXa
O libro analiza a situación actual da lingua galega e trata de responder a preguntas como se abonda coa propia vontade para facer uso da lingua
presentación-Liberdade-para-o-galego-Lugo
28 Nov 2024

O edil de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo, Alexandre Penas, asistiu no Vello Cárcere á presentación do libro 'Liberdade para o galego', que contou coas intervencións dos autores, Marcos Maceira e Elsa Quintas, e do profesor de secundaria xubilado Antón Bao.

O libro analiza a situación actual da lingua galega e trata de responder a preguntas como se abonda coa propia vontade para facer uso da lingua do país, ou se existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento.

Os autores tentan achegar ás lectoras a estas cuestións en relación aos principais ámbitos da vida social, especialmente daqueles en que existen compromisos adquiridos polo Estado ou acordos alcanzados por todas as forzas políticas en Galiza. Advertimos, para comezar, que de xeito incompleto. A exclusión e as limitacións para o galego son tantas que nen teríamos espazo para entrar en todas elas.

"A liberdade para o uso do noso idioma está condicionada a se manter sempre baixo a subordinación e secundarización respecto do español. Non é unha afirmación abstracta. Puidemos contrastalo con datos ao redixirmos cada un dos informes periódicos solicitados á Mesa pola Normalización Lingüística polo Comité de expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas ou, en 2019, do Relator especial da ONU para os dereitos da minorías, e que foron a base inicial deste traballo·, din desde o BNG.

0.17177391052246