O Vello Cárcere amplía a súa exposición permanente
O Vello Cárcere ampliou a exposición permanente, O Vello Cárcere: da guerra á posguerra coa documentación achegada por distintas familias. As persoas aportaron novos documentos. Estas achegas serviron para continuar a avanzar na lembranza de todas as persoas que foron represaliadas durante o franquismo, un dos obxectivos máis importantes do Vello Cárcere.
A documentación foi entregada polas familias no museo a finais de 2021, dentro do programa A TÚA MEMORÍA, co que a área de Cultura pretende converter ao Vello Cárcere nun centro aberto e de doazón para todas as familias que desexen depositar documentación que posúan dos seus familiares.
A documentación aportada pasou a formar parte dos fondos do museo, e a información presente nela incorporouse á exposición permanente O Vello Cárcere: da guerra á posguerra, seguindo en todo momento os desexos das familias. Esta exposición é ao mesmo tempo unha homenaxe a todas as persoas que estiveron presas no cárcere durante a ditadura e un traballo de memoria colectiva, para que os crimes da guerra e da ditadura non caian no esquecemento.
A exposición O Vello Cárcere: da guerra á posguerra xira entorno a este período histórico e político, cando esta instalación pasou a albergar a presas e presos políticos. A mostra comeza na cela colectiva, e continúa por todas as celas da pranta baixa, as antigas celas de homes. Familiares das persoas represaliadas colocaron, un ramo de flores no día próximo a defuntos adicado a todas as persoas que alí sufriron.