O Vello Cárcere celebra o seu quinto aniversario de reapertura

LugoXa
O Vello Cárcere de Lugo celebra su quinto aniversario de reapertura. En el acto estuvo presente la Concelleira de Cultura Maite Ferreiro.
vello carcere Lugo
31 Mar 2022

O Centro Cultural O Vello Cárcere celebrou o quinto aniversario de reapertura na mañá do mércores 30 de marzo. O acto estivo presidido pola concelleira Maite Ferreiro que destacou que o Vello Cárcere “é un dos centros culturais máis coñecidos de Lugo, tanto pola súa singularidade e historia como por terse convertido nos últimos anos nun dos espazos de referencia de Lugo para as mostras artísticas de calidade, tanto para artistas locais como para achegar a Lugo mostras con recoñecementos a nivel internacional”.

O Vello Cárcere desenvolve ao longo do ano distintas actividades para toda a veciñanza de Lugo, como visitas guiadas ao centro, que inclúen paradas na mostra permanente, que trata sobre a memoria histórica, e nas distintas exposicións temporais que se poden atopar durante todo o ano. As visitas escolares son un gran atractivo, e nas últimas semanas máis de 300 nenas e nenos de distintos centros se achegaron a coñecer o Centro Cultural.

A exposición permanente O Vello Cárcere: da guerra á posguerra xira entorno a este período histórico e político, cando a instalación pasou a albergar a presas e presos políticos. A mostra comeza na cela colectiva, e continúa por todas as celas da pranta baixa, as antigas celas de homes.

Programación quinto aniversario do Vello Cárcere

Maite Ferreiro anunciou que a programación do Vello Cárcere continuará durante todo o ano, celebrando o quinto aniversario da apertura da instalación. “Realizaremos actividades especiais, entre as que se contarán unha serie de visitas teatralizadas ao Cárcere”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “no mes de novembro, o Vello Cárcere acollerá unhas xornadas de análise arredor da memoria histórica”.

0.14598989486694