O Vello Cárcere organiza contacontos con motivo do Día Internacional da Lingua Materna
Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, que se celebrará o vindeiro 21 de febreiro, o centro sociocultural O Vello Cárcere prepara unha sesión de contacontos miúdos. Na proposta, que terá lugar este sábado 17 de febreiro, lerase o libro A miña lingua, a túa lingua de Oviravai. Mezclando música e letra, a obra invita a reflexioar sobre a importancia da nosa lingua, pero tamén da dos demáis.
O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer. A actividade terá lugar de 11.00 a 14.00 e está dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos. Farase unha primeira quenda de mañá de 11.00 a 12.30 horas e unha segunda quenda de 12.30 a 14.00 horas. Poderán inscribirse 15 persoas por cada quenda. No mesmo horario, o domingo levarase a cabo un pequeno traballo manual sobre os gatos para conmemorar ó Día Internacional do Gato que se celebrará o 20 de febreiro.