O VF Challenge Moto Race arranca este sábado cos tests de pretempada en Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
Haberá dúas probas nas Pontes, unha na Pastoriza e outra no circuíto outeirés, ademais doutras citas sen determinar
vf-challenge-moto-race-2025
19 Feb 2025

Os amantes da velocidade xa poden marcar as datas no calendario, xa que o VF Challenge Moto Race xa ten en marcha o seu programa de competicións para a tempada 2025. A acción arrincará este sábado, 22 de febreiro, en Outeiro de Rei cun test de pretempada, antes do comezo oficial das carreiras puntuables.

Celebrarase tamén a presentación oficial de Copa VF90, un evento que marca o inicio dunha nova tempada de competicións no mundo do motociclismo.

Organizado no marco do VF Challenge Moto Race este evento promete reunir a pilotos de diferentes categorías nunha xornada de pura acción como unha seda.

Os participantes terán a oportunidade de poñer a proba as súas motocicletas e afinar a súa técnica no circuíto, preparándose para a competición oficial. Ademais, a presentación da Copa VF90 ofrecerá detalles clave sobre o campionato.

Os afeccionados ao motociclismo poderán gozar dun espectáculo cheo de adrenalina, con modalidades como Supermoto, Pitmotard, Mínimotos GP Sport e Minivelocidad.

O campionato incluirá seis probas principais en diferentes localizacións. A primeira será nas Pontes, a fin de semana do 15 e 16 de marzo, e a penúltima, o 6 e 7 de setembro.

O 10 e 11 de maio está prevista unha sesión pero nun circuíto por determinar e o 7/8 de xuño estarán na Pastoriza. A seguinte cita será o 12/13 de xullo, en Outeiro de Rei.

Como broche final da tempada, celebrarase o Gran Premio de Resistencia VF os días 4 e 5 de outubro, con localización aínda por confirmar.

O certame contará con diversas categorías, entre elas Minimotos, Minivelocidade, Pitmotard, GP Sport e Supermoto.

 

0.17899203300476