O VI Desafío San Miguel 2023, de Monterroso, terá lugar o 24 de setembro
O Goberno local do Concello de Monterroso colabora co Club Ciclista BTT San Miguel na organización do VI Desafío San Miguel 2023, que se vai celebrar o vindeiro 24 de setembro.
Está previsto que na proba, que terá a súa saída da Cúpula ás 9.00 horas, participen ata 200 corredores. Os inscritos poden elixir a ruta longa, de 52 km, ou a curta, de 36 km.
Ao longo do percorrido pasarán por diferentes lugares de Monterroso, despois de cruzar a propia vila; como Podence, Cumbraos, Lodoso, A Lucenza ou Novelúa, entre outros.
Colaboración do Concello
Operarios municipais do Concello de Monterroso axudan estes días a acondicionar o itinerario coa limpeza das pistas e camiños polos que vai discorrer a proba. O Concello de Monterroso concede ademais unha axuda económica anual ao club para o desenvolvemento das súas actividades.
As inscricións están abertas ata o xoves 21 de setembro e poden facerse na web www.ccnorte.com
Para máis información: www.bttsanmiguel.es