O Vicedo e Portomarín comezan unha campaña turística conxunta

LugoXa | AMariñaXa
O Fuciño do Porco do Vicedo conta desde agora cunha campá que foi colocada como parte dunha iniciativa de promoción turística conxunta.
vicedo campana
15 Abr 2021

O Fuciño do Porco do Vicedo conta desde agora cunha campá que foi colocada como parte dunha iniciativa de promoción turística impulsada conxuntamente polos concellos do Vicedo e Portomarín. 

Así, o novo elemento instalado, procedente dun barco pesqueiro, irá acompañado dunha placa que advirte de que aqueles que toquen a campá adquiren a “obriga” de visitar Portomarín. Neste municipio xa hai outro sino idéntico que anima a ir ao Vicedo.

Esta singular iniciativa ten como obxectivo incentivar o tránsito de visitantes entre os dous concellos, entre o interior e A Mariña. Ás veces, lembrou, “ideas aparentemente sinxelas, son capaces de provocar movementos inesperados pola súa dimensión. Estamos a ver exemplos tódolos días. Ogallá que esta colaboración se faga viral e esperte a curiosidade de moita xente”, apuntou o delegado Territorial, Javier Arias.

0.076774835586548